Canles fluviais

You are here: Home / Canles fluviais

A actuación busca favorecer a conectividade do río Limia, actualmente canalizado, mediante a recuperación aproximadamente un quilómetro da antiga canle na zona das Veigas de Ponteliñares, en terreos pertencentes á Comunidade de Montes de San Lorenzo, no termo municipal de Rairiz de Veiga.

A zona piloto de actuación conta cunhas 8 hectáreas e atópase comprendida na ZEPA de “A Limia”, próxima ao LIC “Veiga de Ponteliñares”; formando parte á súa vez da área Importante para as Aves “A Limia” e da Reserva da Biosfera de Allariz, características que lle confiren gran importancia ambiental e ecolóxica.

As actuacións permitirán a permeabilización da canalización existente da canle actual do río Limia cara á súa chaira aluvial e a xeración novas zonas de humidais, buscando aproveitar o efecto de asimilación e fixación de nutrientes da vexetación riparia da canle recuperada, para contribuír á redución dos nutrientes provenientes da Comarca agrogandeira da Limia que chegan ao Encoro de Las Conchas, á vez que se contribúe a recuperar o que no pasado constituíu un dos mellores enclaves húmidos de interior para as aves acuáticas.