Lagoas artificiais

You are here: Home / Lagoas artificiais

Crearase unha braña artificial intensiva de macrófitos para tratamento de augas residuais procedentes de zurros de porcino. Estímase a acollida de 53 m³ diarios de zurro, o cal supón recoller ao día o residuo xerado por un total de 1090 “porcas en ciclo pechado”, aquelas que inclúen nais e a súa descendencia ata a finalización do cebo. Estes animais son os que xeran maior volume de residuos dos diversos tipos de porcino, que é de 17,75 m³ ao ano e 57,60 kg/praza/ano en nitróxeno, segundo figura no anexo 1 do Real decreto 324/2000, do 3 de marzo, polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas. Xunto á balsa anaeróbica como elemento do sistema (que permite a captación de emisións para posibles usos posteriores como biogás) a propia lagoa serve de alternativa que reduce a emisión de GEI por almacenamento de zurro así como por evitar a súa diseminación ao medio como fertilizante en forraxes e pasteiros.

  • Title

    Click here to change this text