Problemática

You are here: Home / Problemática

  • IMG_0173
  • IMG_0175
  • Paisaxes da Limia
  • Paisaxes da Limia
  • Paisaxes da Limia
  • Paisaxes da Limia

Por medio do Proxecto LIFE REGENERA LIMIA vanse implementar varias solucións con carácter demostrativo na bisbarra da Limia enfocadas directamente ao problema ambiental da deterioración das masas de auga na conca do río Limia polo exceso de nutrientes.

A bisbarra da Limia ten un marcado carácter rural. Nesta bisbarra teñen un gran peso a actividade agrícola e gandeira na economía da zona e na propia configuración da paisaxe e o espazo. Estas actividades primarias relacionadas cos sectores da agricultura e gandería identificáronse como un dos principais factores na modificación do estado das masas de auga da conca do Limia, sobre a base dos estudos e o seguimento da evolución da masa de auga na devandita conca realizado pola CHMS. Destaca o efecto no tramo do encoro das Conchas (tramo do río Limia augas abaixo da bisbarra) onde se producen episodios de crecemento intenso de cianobacterias e eutrofización. Estes procesos xorden cando a auga recibe achegas en gran cantidade de compostos nitroxenados e de fósforo que proceden fundamentalmente da actividade agropecuaria e dos residuos urbanos, ben a través de fontes difusas ou de descarga directa. O vínculo causal entre as actividades agrarias e o seu impacto sobre o medio acuático é como consecuencia da aplicación de fertilizantes (orgánicos e químicos) que provocan unha contaminación difusa na auga, tanto superficial coma subterránea, así como unha redución significativa ou mesmo eliminación do bosque de ribeira, co conseguinte dano aos ecosistemas fluviais.

Depurar para recuperar