Xestión de fertilizantes

You are here: Home / Xestión de fertilizantes

O Sistema de Control Integrado de Xestión de Fertilizantes e Abonos en Chans Agrarios (SCIGFAS) é unha ferramenta que advirte e informa o agricultor ou dono do pasto sobre o nivel de saturación de nutrientes orgánicos nos chans agrarios de acordo ás súas características edafológicas, tipo de parcela, localización e tipo de usos, para desta maneira optimizar o abonado de acordo aos requirimentos necesarios.Trátase dun instrumento que permitirá dosificar e previr o abuso na fertilización das terras, tanto de abonos orgánicos como químicos. Xunto para o efecto de reducir a carga de abono ao chan e redución de lixiviados ás masas de auga, contribuirá a reducir as emisións de GEI e a reducir a pegada de carbono da actividade agraria na Comarca. En termos cuantitativos concretos, espérase conseguir, por medio do uso do SCIGFAS nas parcelas piloto, os seguintes resultados:

  • Redución dunha media do 30% do uso de fertilizantes e abonos por cada parcela de cultivo de pataca, cereal e hortícola.
  • Redución dunha media do 50% no uso de abonado por cada parcela para pastos e pasteiro (abonos líquidos de orixe animal).
  • Redución dun 60% de gases de efecto invernadoiro por unha menor aplicación ao chan de estiércoles e xurros e abonos minerais nitrogenados.

E a estes habería que engadir o aforro económico que supoñería para os agricultores da comarca eles e que evitaría efectos perniciosos nas terras e os pozos por exceso de nutrientes.

SISTEMA DE CONTROL INTEGRADO DE XESTIÓN DE FERTILIZANTES E ABONOS EN SUELOS AGRARIOS