Xornada grupo local de partes interesadas. Xinzo de Limia, 26 de marzo ás 16:30 h

Xornada grupo local de partes interesadas. Xinzo de Limia, 26 de marzo ás 16:30 h

A SOSTENIBILIDADE DUN SECTOR. UNHA COMARCA AGROGANDEIRA

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil organiza unha xornada có obxectivo de proceder á constitución do Grupo Local de Partes Interesadas e á presentación do Proxecto LIFE+ REGENERA LIMIA, que terá lugar o vindeiro 26 de marzo na Casa da Cultura no Concello de Xinzo de Limia ás 16:30 horas.

O acto é aberto e está dirixido a todas aquelas partes que poidan considerarse interesadas nos obxectivos e actuacións contempladas no proxecto (aforo ata 100 persoas).

Programa

16:30 Recepción de asistentes e presentación da xornada

D. Alberto de Anta.
Confederación Hidrográfica do Miño- Sil

16:45 Presentación do Proxecto LIFE REGENERA LIMIA

D. Alberto de Anta.
Confederación Hidrográfica do Miño- Sil

D. Servando Álvarez.
Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.
Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)

D. Arturo Fernández / D.Luis Felipe Fernández
Arquitectura, Enxeñaría e Sostenibilidade, S.L. (ECOLAGUNAS)

D. José Antonio Vázquez.
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense.
Dirección Xeral da Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

17:45 Foro de debate. Rogos e preguntas.

Modera: D. Alberto de Anta.
Confederación Hidrográfica do Miño- Sil

19:00 Finalización

Descargas: Programa