Leitos fluviais

Acción B3

Recuperación e rehabilitación de antigas chairas de inundación do Limia

SOCIOS RESPONSABLES DA ACCIÓN
ACTIVIDADES

A recuperación ambiental de leitos fluviais modificados, e a rexeneración e reconexión de sistemas lacunares, son opcións viables que contribúen a reducir a presenza de nutrientes na auga e a eutrofización, ao tempo que se recuperan hábitats de especial transcendencia en espazos incluídos na Rede Natura 2000.

A actuación buscará favorecer a conectividade do río Limia, actualmente canalizado, mediante a recuperación dun tramo do antigo leito. O lugar de actuación será as Veigas de Ponteliñares, no termo municipal de Rairiz de Veiga.

En tempos do desecamento da antiga lagoa de Antela, o río Limia canalizouse e rectificouse, o que deu lugar ao seu trazado actual rectilíneo. Isto provocou que volvese circular auga polos seus antigos meandros, que recollían unicamente a auga de chuvia das parcelas circundantes. Isto deu lugar a unha limitación da función como ecosistema fluvial do propio río e illou dos devanditos procesos o antigo meandro, que mesmo chegou a converterse en zona deprimida onde se producían fenómenos de acumulación de auga, o que creaba zonas húmidas sen conexión. Hai que engadir que parte deste meandro foi enchéndose nas antigas obras de canalización, co material sobrante da creación do novo río Limia canalizado.

A superficie da zona incluída na actuación é de 8,5 hectáreas, a lonxitude do meandro aberto é de 900 metros aproximadamente. Encóntrase comprendida na ZEPA de “A Limia”, próxima ao LIC “Veiga de Ponteliñares”, e forma parte, ao mesmo tempo, da Área Importante para as Aves “A Limia” e da Reserva da Biosfera de Allariz, características que lle confiren grande importancia ambiental e ecolóxica.

Permeabilizarase a canalización existente do leito actual do río Limia cara á súa chaira aluvial, e xeraranse novas zonas húmidas, así como a apertura dun brazo secundario ou meandro, polo antigo trazado do citado río.

O obxectivo é conseguir nun futuro ampliar a recuperación a máis tramos fluviais do río Limia.

resultados

As principais actuacións de recuperación do antigo meandro consistiron en:

  • Mellora da vexetación riparia existente, mediante tratamentos selvícolas consistentes en podas, eliminación de exemplares mortos, principalmente amieiros, bidueiros e salgueiros con perigo de caída sobre o leito e eliminación de obstrucións deste por vexetación morta.
  • A rehabilitación do antigo leito, mediante a súa reapertura, cunha pendente lonxitudinal axeitada para permitir a circulación da auga, escavando o leito do río e extraendo gran cantidade de sedimentos e restos vexetais depositados. Durante a escavación, nas zonas onde foi posible, crearanse taludes tendidos co obxectivo de naturalizar ao máximo o leito e crear así zonas de paso da auga rápida e lenta. Así mesmo, procederase a conectar o novo leito coas pequenas lagoas de orixe natural e artificial existentes cerca das novas chairas de inundación, así como cos novos biótopos que existían na zona, para provocar que a auga permaneza o maior tempo posible nas Veigas e potenciar deste modo a función depuradora da vexetación.
  • A conexión do meandro recuperado co actual leito do río Limia, desconectado pola vía de servizo que acompaña este leito, realizouse coa construción de dúas obras de paso, unha de entrada e outra de saída, realizadas con marcos prefabricados e aletas de pedra de coieira irregular. O interior dos marcos recubriuse con pedra con obxecto de integralos paisaxisticamente e favorecer a sedimentación. Os taludes revexetáronse con manta de coco, con semente de herbáceas e estacaxe de salgueiro, de modo que será a propia vexetación a que se encargue de integrar ambientalmente as obras realizadas.
  • Principalmente ao inicio do meandro, plantaranse manualmente 1130 plantas macrófitas autóctonas, previamente recolleitas do próximo río Limia. Con esta plantación, asegurarase a naturalización do novo hábitat fluvial.
  • Creáronse dous biótopos asociados a medios higrófilos para albergar especies de flora e fauna (aves, réptiles, anfibios e peixes), con prioridade para as especies incluídas nalgunhas das categorías do Catálogo galego de especies ameazadas.

Unha vez realizada a recuperación do meandro, comenzaron os traballos de seguimento das taxas de redución de contaminantes tras o seu paso polo novo leito, en comparación co río Limia rectificado, así como da evolución dos distintos biótopos xerados. Para iso, ambos os socios, CHMS e DXCN, desenvolveron un sistema de seguimento dos distintos parámetros físico-químicos-biolóxicos de calidade de auga e de indicadores biolóxicos respecto á avifauna, á flora e á herpetofáuna.

Vistas do meandro recuperado:

Estase a realizar un seguimento das taxas de redución de contaminantes a través da evolución da calidade da auga, tanto os parámetros fisicoquímico como os biolóxicos, así como un seguimento da evolución dos ecosistemas tendo en conta avifauna, flora e herpetofáuna. A continuación, expóñense os resultados detectados ata o momento:

Restauración ambiental de marxes e bosque de ribeira

  • Os traballos realizados para a restauración da zona sinálanse a continuación:
  • 5.054,36 m2 de roza manual selectiva de vexetación arbórea e arbustiva nas marxes da antiga canle do río Limia.
  • 1.130 unidades de especies vexetais autóctonas plantadas, procedentes da contorna próxima á zona de actuación (
  • 350 m de apertura de gabias con medios manuais e mecánicos, en todo tipo de terreo e con profundidades variables para a interconexión das canles de auga coas lagoas naturais existentes dentro da zona de actuación así como cos novos biótopos a construír, con transporte de materiais sobrantes a outras zonas da contorna da actuación.
  • Construción de dous biótopos asociados a medios higrófilos para albergar especies de flora e fauna (aves, réptiles, anfibios e peces) con prioridade para as especies incluídas nalgunha das categorías do Catálogo galego de especies ameazadas.

Evolución da calidade das augas

  • Para os seguimentos das actuacións tómanse mostras periódicas tanto no meandro recuperado, como no río Limia por onde normalmente discorre a auga, para comparar as taxas de redución de nutrientes entre ambos.
  • Ata o momento comprobouse que a través da circulación da auga polo meandro se produce unha redución de nutrientes (fosfatos, fósforo, nitratos y nitritos) superior ao que ocorre no río, no mesmo tramo.
  • A materia orgánica tamén é máis favorable no meandro recuperado en comparación co tramo de río rectificado.

Diferenza de redución de meandro recuperado fronte ao río

0
28
%

Menos DBO5

0
23
%

Menos fosfatos

0
26
%

Menos fósforo

0
30
%

Menos nitratos

0
25
%

Menos nitritos

  • En cuanto á mellora da calidade da auga a través da análise da biodiversidade de especies que habitan no meandro recuperado, obsérvase que especies de macroinvertebrados están colonizándoo, o que nos asegura que se están a implantar as comunidades animais propias deste ecosistema. Por outro lado, comprobouse que o indicador de algas diatomeas tamén é positivo e que as comunidades de macrófitos teñen unha boa representación. Dado que estes últimos son os que teñen maior participación nos procesos de depuración natural, aseguran esta función esencial que o proxecto persegue.
  • Os resultados son esperanzadores e permitirían demostrar que se están alcanzando parte dos obxectivos do proxecto consistentes en favorecer a retención de nutrientes de forma natural.

Evolución dos biotipos xerados

  • A expansión de especies higrófilas plantadas minorou o crecemento debido á irregularidade de precipitacións no ano 2018. O mesmo aconteceu coa colonización por parte de avifauna, herpetofauna e ictiofauna para a colonización das zonas húmidas interiores.
  • Estase empezando a comprobar que especies ligadas ao medio fluvial, como a lavandeira real, o utilizan como un tramo fluvial máis onde alimentarse.