Actividades e Resultados

[cmsms_row data_padding_bottom=”50″ data_padding_top=”50″ data_color=”default” data_width=”boxed”][cmsms_column data_width=”2/3″][cmsms_text animation_delay=”0″]

O programa de traballo inclúe 26 accións destinadas á preparación e posta en marcha dunha innovación como técnica de depuración, así como varias accións demostrativas, xunto con actividades de carácter transversal para o axeitado seguimento, xestión e difusión durante e despois do proxecto.

Tras preparar a información de base necesaria e o mapa de solos agrarios da bisbarra, desenvolverase e implementarase o sistema de control integrado de xestión de fertilizantes en solos agrarios. A través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), utilizarase en dez parcelas piloto, que recibirán un acompañamento durante a súa posta en marcha, á vez que se ofrecerá como servizo gratuíto ampliable ao resto de explotacións.

Desenvolverase con carácter demostrativo o tratamento de augas residuais procedentes de zurros de porcino mediante brañas artificiais intensivas de micrófitos, tras unha fase previa de adaptación e combinación das tecnoloxías punta no mercado. Nesta experiencia piloto na que participan ECOLAGUNAS e COREN, varias granxas veranse directamente beneficiadas por este sistema de depuración, con gran potencial de ampliación a máis granxas.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia van recuperar e rehabilitar canles fluviais modificadas para a mellora da capacidade de retención e asimilación de nutrientes, así como a recuperación e integración no ciclo hidrolóxico de pozas en antigas explotacións mineiras de extracción de area, para a súa reconversión nun sistema de lagoas que potencie a capacidade de depuración do curso fluvial. Ademais do efecto na mellora da calidade da auga, permite contribuír a recuperar a superficie húmida e a canle orixinal na zona.

Poñerase en marcha en paralelo un plan de sensibilización e educación ambiental para informar e fomentar as medidas preventivas da contaminación das augas dirixido sobre todo a gandeiros, agricultores e outros profesionais e técnicos que traballan no sector.

Hai que destacar a estratexia de comunicación e participación, salientando a participación dos stakeholders e target groups da bisbarra, así como medidas activas de difusión, permanencia e transferencia, en colaboración con outros proxectos e institucións.

[/cmsms_text][/cmsms_column][cmsms_column data_width=”1/3″ data_animation=”bounceIn”][cmsms_stats mode=”counters” type=”numbers” count=”1″ animation_delay=”0″][cmsms_stat progress=”50″ custom_colors=”true” bg_color=”#50b5d0″ value=”26″ icon=”cmsms-icon-cog-6″]accións[/cmsms_stat][cmsms_stat progress=”0″ custom_colors=”true” bg_color=”#59ae76″ value=”10″ icon=”cmsms-icon-leaf”]parcelas piloto[/cmsms_stat][/cmsms_stats][/cmsms_column][/cmsms_row]