Lagoas artificiais

Acción B2

DESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA LACUNAR ARTIFICIAL DE BAIXO CUSTO PARA TRATAMENTO DE XURROS

SOCIOS RESPONSABLES DA ACCIÓN
ecolagunas
ACTIVIDADES

A xestión dos xurros é un dos labores fundamentais que cómpre mellorar nas explotacións gandeiras, para reducir o seu impacto na calidade de auga da comarca.

Proponse desenvolver unha solución alternativa con carácter demostrativo: o tratamento das augas residuais procedentes de xurros de porcino mediante zonas húmidas artificiais intensivas de macrófitos, como forma natural de depuración, así como a súa posterior reutilización como auga de rego.

Avaliarase a efectividade deste sistema, así como a adecuada relación do custo-eficiencia da súa aplicación. Deste modo, o gandeiro poderá valorar se este tipo de tecnoloxía pode adaptarse á súa explotación.

Proceso:

  • Proxectouse a execución dunha zona húmida artificial intensiva de macrófitos para tratamento de augas residuais procedentes de xurros de porcino.
  • Xunto á balsa anaeróbica como elemento do sistema, que permitirá a captación de emisións para posibles usos posteriores, como biogás, a propia lagoa serve de alternativa que reducirá os gases de efecto invernadoiro por almacenar xurro así como por evitar a súa diseminación ao medio como fertilizante en forraxes e pasteiros.

resultados

  • O estado da actuación na actualidade é o que segue:
  • Elaborouse o Proxecto construtivo da planta que se establecerá nos terreos cedidos pola Deputación de Ourense.
  • Identificouse a granxa de procedencia do xurro.
  • Están a tramitarse as autorizacións necesarias para a construción da lagoa e a súa posterior actividade

Debido aos atrasos xerados na tramitación das autorizacións para a construción da planta e a consecuente imposibilidade de cumprimento dos prazos establecidos polo proxecto para esta actuación, considerouse conveniente substituír dita construción pola elaboración dunha guía de alternativas para a selección de tratamento de xurros.
Esta guía pretende recompilar a investigación realizada polo socio ECOLAGUNAS sobre o correcto tratamento dos xurros e as experiencias recollidas durante o desenvolvemento do Proxecto Life, que axude aos gandeiros e agricultores á toma de decisións.