A Comarca da Limia ten un marcado carácter rural. Nesta comarca teñen un gran peso a actividade agrícola e gandeira na economía da zona e na propia configuración da paisaxe e o espazo. Estas actividades primarias relacionadas cos sectores da agricultura e a gandería identificáronse como algúns dos principais factores na modificación do estado das masas de auga da bacía do Limia, en base aos estudos e ao seguimento da evolución da masa de auga na devandita bacía realizados pola CHMS.
Destaca o efecto no tramo do encoro das Conchas (tramo do río Limia augas abaixo da comarca) onde se producen episodios de crecemento intenso de cianobacterias e eutrofización. Estes procesos xorden cando a auga recibe contribucións en gran cantidade de compostos nitroxenados e de fósforo que proceden fundamentalmente da actividade agropecuaria e dos residuos urbanos, ben a través de fontes difusas ou de descarga directa artificiais, que intentan emular a antiga lagoa.
O vínculo causal entre as actividades agrarias e o seu impacto sobre o medio acuático é consecuencia da aplicación de fertilizantes (orgánicos e químicos) que provocan unha contaminación difusa na auga, tanto superficial como subterránea, así como unha redución significativa ou mesmo a eliminación do bosque de ribeira, coa conseguinte afección aos ecosistemas fluviais.
A continuación, pódense observar distintos episodios de blooms no encoro das Conchas ocasionados pola elevada concentración de cianobacterias presentes na auga.
Algúns datos
Problemas de eutrofización
Fácil incorporación mediante as augas continentais
Insuficiente superficie agrícola para o emprego de xurros xerados como fertilizantes
Problemas de inundabilidade nunha gran parte da superficie destinada a uso agrícola e gandeiro