13 Mar A auga volve circular nas Veigas de Ponteliñares (ACCIÓN B3)
O río Limia está a alcanzar niveis normais para esta época invernal, tras a situación de seca que viña vivindo na conca hidrográfica. Isto significa que a auga comeza a circular con normalidade no meandro recuperado co Proxecto Life REGENERA LIMIA nas Veigas de Ponteliñares, área definida como ACCIÓN B3.
Séguense realizando controis analíticos da auga para comprobar o efecto de redución os contaminantes de orixe orgánica disoltos na auga. Espérase apreciar unha diminución na súa concentración, dado que a vexetación que habita no meandro e a revegetada co proxecto comezará a realizar o seu labor depurativa.
Podes consultar os datos hidrolóxicos e de calidade da auga do río Limia en tempo real na da Estación de Ponteliñares, a través do Sistema Automático de Información Hidrolóxica e de Calidade das augas SAIH- SAICA, na seguinte dirección: http://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/mapas/mapa:H1/area:HID/acc: