09 Mai ACTUALIDADE LIFE Regenera Limia ☀
Tras o período de choivas a auga continua circulando polas charcas areneras recuperadas e agora conectadas coa Canle da Lagoa de Antela.
Os macrófitos, plantados nas illas flotantes que se instalaron na maior das dúas charcas, xa están a comezar a brotar e espérase que en breve funcionen ao máximo rendemento da súa capacidade depuradora, asimilando parte do nitróxeno e fósforo diluídos na auga que entra desde a canle.
As analíticas dos mostraxes da auga realizados periodicamente mostran unha boa evolución depurativa das charcas.
A avifauna está a comezar a recoñecer as illas flotantes como parte integrante do seu ecosistema e varias especies comezan a utilizala como posaderos.