Obxectivos

Por medio do proxecto LIFE REXENERA LIMIA vanse implementar varias solucións con carácter demostrativo na Comarca da Limia enfocadas directamente a reducir a presenza de nutrientes, fundamentalmente de orixe agropecuaria, nas masas de auga desta comarca, para analizar a viabilidade dun novo enfoque que integre medidas preventivas e de rexeneración no Limia, para cumprir os obxectivos medioambientais da Directiva Marco da Auga.

En consecuencia, o proxecto require da participación activa e comprometida dos diferentes actores: 

Sector agrícola

Sector gandeiro

Medio natural

Obxectivos xerais do proxecto
  • Demostrar que é posible unha mellor xestión medioambiental dos terreos agrarios mediante a optimización do uso de fertilizantes de orixe orgánica a través dun sistema de control integrado de xestión de fertilizantes en solos agrarios. Isto significa que é posible mellorar os resultados económicos e minimizar os riscos ambientais.
  • Desenvolver solucións alternativas para a xestión de residuos gandeiros e reducir o seu impacto no ambiente, apostando por zonas húmidas artificiais intensivas de macrófitos como forma natural da depuración.
  • Demostrar que a recuperación ambiental de leitos fluviais modificados e a rexeneración e reconexión de sistemas lacunares son opcións viables que contribúen a reducir a presenza de nutrientes na auga e a eutrofización ao mesmo tempo que se recuperan os ecosistemas locais, de especial transcendencia en espazos incluídos na Rede Natura 2000.
  • Mellorar a información entre os colectivos de gandeiros e agricultores e outros profesionais relacionados co sector agropecuario en cuestións relativas á fertilización e usos de fertilizantes, e sensibilizar sobre o efecto que estes teñen no solo e a auga da comarca.
  • Promover o impacto ampliado dos resultados obtidos, tanto a nivel local como comarcal, implicando para iso a todas as partes interesadas e facéndoas partícipes destes, co que se contribuirá a facer visible o instrumento LIFE+.
Obxectivos específicos por actividade

Acción B1

SISTEMA DE CONTROL INTEGRADO DE XESTIÓN DE FERTILIZANTES E CUITOS EN SOLOS AGRARIOS

Os obxectivos que se queren conseguir nas dez parcelas como acción piloto son:

0
30
%

Menos fertilizantes

0
40
%

menos GEI

0
50
%

Menos cuitos

  • Redución dunha media do 30 % do uso de fertilizantes e cuitos por cada parcela de cultivo de pataca, cereal e hortícola.
  • Redución dunha media do 50 % no uso de cuitos por cada parcela para pastos e pasteiro (cuitos líquidos de orixe animal).
  • Redución dun 40 % de gases de efecto invernadoiro por unha menor aplicación ao solo de xurros e fertilizantes minerais nitroxenados.

Acción B2

DESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA LACUNAR ARTIFICIAL DE BAIXO CUSTO PARA TRATAMENTO DE XURROS

Os obxectivos esperados con esta actuación son:

0
53
m3

Xurro ao día

  • Tratar 53 m3 de xurro ao día por medio de zona húmida artificial, que supón o residuo xerado por un total de 1090 porcas en ciclo pechado, e presentárllelo como prototipo ao sector gandeiro.

Acción B3

RECUPERACIÓN E REHABILITACIÓN DE ANTIGAS CHAIRAS DE INUNDACIÓN DO LIMIA

Os obxectivos de redución de nutrientes que se pretenden alcanzar son:

0
15
%

Nitratos

0
15
%

Amonio

0
15
%

Fósforo total

0
30
%

DBO5

0
5
HA

Recuperación de chairas

Acción B4

RECUPERACIÓN E INTEGRACIÓN NO CICLO HIDROLÓXICO DE CHARCAS DE AREA ABANDONADAS PARA A XERACIÓN DUN SISTEMA LACUNAR QUE POTENCIE A CAPACIDADE DE FILTRADO DO CURSO FLUVIAL

Os obxectivos de redución de nutrientes que se pretenden alcanzar son:

0
30
%

Nitratos

0
30
%

Amonio

0
15
%

Fósforo total

0
30
%

DBO5

Estas dúas actuacións buscarán aproveitar o efecto de asimilación e fixación de nutrientes da vexetación de río dos leitos fluviais recuperados para contribuír á redución dos nutrientes provenientes da comarca agropecuaria da Limia que chegan ao encoro das Conchas. Ao mesmo tempo axúdase a recuperar o que no pasado constituíu un dos mellores enclaves húmidos de interior para as aves acuáticas, a herpetofauna e a flora asociada.

Obxectivos da comunicación do proxecto

Desenvolver un plan de sensibilización e educación ambiental e unha estratexia de comunicación e participación. Búscase informar e fomentar as medidas preventivas da contaminación das augas dirixidas sobre todo a gandeiros, agricultores e outros profesionais e técnicos que traballan no sector, así como outros colectivos.

0
690

Participantes en xornadas de sensibilización e formación sobre o impacto da actividade agropecuaria na auga e respecto ao manexo de cuitos e residuos agrarios na comarca

0
300

Gandeiros, agricultores e outros profesionais do sector que foron informados das accións por medio de contactos, xornadas informativas e reunións

0
300

Participantes en seminarios de difusión do proxecto