Conxura para seguir coa recuperación do río Limia

Conxura para seguir coa recuperación do río Limia

Cinco anos e dous millóns de euros despois o único certo é que o obxectivo esencial dun plan pioneiro de recuperación ambiental, o Life Rexenera A Limia foi só o inicio dun longo proceso que debe continuar.

Nesa idea coincidiron onte representantes de administracións públicas e empresas privadas que se uniron nun proxecto para diminuír a presenza excesiva de nutrientes da actividade agrícola e gandeira na comarca antelana e evitar a contaminación da auga. Foi en Xinzo, durante o acto de peche dun seminario sobre a iniciativa.

Fonte: La Voz de Galicia