26 Xuñ O proxecto Life Rexenera reduce un 40% os nitratos no leito do Limia
O proxecto piloto Life Rexenera Limia, promovido entre varias entidades públicas e privadas para reducir o impacto da actividade agrogandeira no río Limia, pechou onte un ciclo coa presentación dalgunhas das conclusións e análises de resultados froito do traballo do últimos cinco anos.
O seminario, que tivo lugar na Casa da Cultura de Xinzo, contou coa presenza de técnicos especializados como o propio coordinador do proxecto e comisario adxunto da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Alberto de Anta, ou o responsable do Centro Agrogandeiro de Xinzo -Inorde-, Servando Álvarez. Tamén interviñeron nas exposicións técnicas Luís Felipe Fernández, de Ecolagunas, e Diego Fompedriña e José Antonio Vázquez, da Confederación e da Xunta de Galicia, respectivamente.
Fonte: Telemiño