25 Xuñ O proxecto Life Rexenera traballou na Limia para reducir a contaminacion dos ríos da comarca
Na comarca da Limia, unha das de máis peso en canto a actividade agropecuaria de Galicia, desenvolvéronse ao longo de tres anos varias accións encamiñadas a reducir a contaminación nos ríos da comarca.
Era o proxecto europeo Life Rexenera Limia, en que traballaron desde varias administracións e que se sustentou en varios alicerces. Entre eles, reducir os fertilizantes que se empregan no cultivo do cereal e da pataca, o control do xurro e tamén na recuperación e mellora das zonas húmidas.
Fonte: TVG