Life Rexenera Limia na 16ª Conferencia Internacional de IWA Sistemas de Humidais para o Control da Contaminación da auga

Life Rexenera Limia na 16ª Conferencia Internacional de IWA Sistemas de Humidais para o Control da Contaminación da auga

[cmsms_row][cmsms_column data_width=”1/1″][cmsms_text]

O proxecto Life Rexenera Limia participou na 16ª Conferencia Internacional de IWA Sistemas de Humidais para o Control da Contaminación da auga, referencia no ámbito do emprego de humidais no tratamento de augas e na mellora da calidade ambiental dos ecosistemas acuáticos, organizada pola Universidade Politécnica de Valencia e a International Water Association (IWA).

Esta edición da Conferencia contou coa presenza de máis de 250 congresistas de distintas nacionais, Universidades, centros e institutos de investigación e empresas especializadas no tratamento de augas residuais mediante solucións naturais, por parte do equipo Life Rexenera Limia compartíronse experiencias e coñecementos para promover o uso deste tipo de sistemas de depuración, considerados de baixo custo e respectuosos co medioambiente.

Precisamente son tres das accións principais do proxecto que ten como principal obxectivo a mellora da calidade da auga tras o seu paso a través de humidais artificiais e naturais.

[/cmsms_text][/cmsms_column][/cmsms_row]

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.