Life Rexenera Limia presente no Seminario Técnico FLUVIAL

Life Rexenera Limia presente no Seminario Técnico FLUVIAL

O vindeiro martes día 4 de decembro, o IBADER do Campus de Lugo organiza un Seminario Técnico FLUVIAL no Edificio Cactus do Campus de Lugo, para achegar á poboación o importante papel que xogan os ecosistemas fluviais na conservación da nosa biodiversidade. Este acto permitirá tamén aumentar a concienciación pública sobre a conservación do noso patrimonio natural e cultural asociado aos corredores fluviais e aos humidais, así como aos servizos ecosistémicos prestados polos mesmos.

Para tal finalidade o evento contará cunha serie de intervencións do diversos proxectos LIFE encamiñados á mellora e restauración de corredores fluviais e humidais galegos, así como un relato sobre a conservación dos ecosistemas fluviais en xeral, onde Alberto de Anta Montero dará a conocer el proyecto LIFE REGENERA-LIMIA.