Novo encontro do proxecto: Xornada de Campo

Novo encontro do proxecto: Xornada de Campo

Dentro das accións enmarcadas no proxecto Life Regenera Limia,  mañá mércores día 6 de setembro ás 10.00 h, na Finca Antela en Xinzo de Limia-INORDE, será desenvolvida a “XORNADA DE CAMPO” que consistirá nunha explicación sobre as accións que leva a cabo o Inorde dentro do proxecto, seguido dunha visita ás experiencias de campo realizadas e dun debate sobre a agricultura na Limia.