Xornada de campo mes de maio

Xornada de campo mes de maio

A pasada semana dous integrantes do Grupo de partes interesadas no proxecto LIFE REXENERA LIMIA: a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA e o Instituto de Ensino Secundario Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia foron convidados a compartir unha xornada de campo visitando dúas das actuacións do proxecto: recuperación de charcas antigo trazado do río Limia en As Veigas de San Lorenzo en Rairiz de Veiga e a conexión de dúas charcas areneras coa Canle da Lagoa de Antela en Sandiás.
ADEGA, a través do Proxecto Ríos explicou aos alumnos a metodoloxía de labores de vixilancia do estado ecolóxico dos ríos, nas que colaborarán a partir de agora.
Xa somos máis os implicados na CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS FLUVIAIS na COMARCA LIMIANA!