29 Nov XORNADA SOBRE USO DE ABONOS E XESTIÓN DA EXPLOTACIÓN AGRICOLA
O próximo 21 de decembro de 2016 terá lugar en Xinzo de Limia unha xornada sobre “uso de abonos e xestión da explotación agrícola”, organizada polo INORDE no marco do proxecto LIFE REGENERA LIMIA, cofinanciado pola Unión Europea. O proxecto LIFE REGENERA LIMIA ten como obxectivo principal a redución da presenza de nutrientes de orixe agrogandeiro nas masas de auga da comarca de A Limia a través da implementación dun conxunto de técnicas demostrativas e de medidas preventivas e de rexeración dun sistema fluvial altamente modificado. A xornada forma parte dunha das accións do proxecto, o “Plan de sensibilización e educación ambiental para o fomento das medidas preventivas da contaminación das augas”, que inclúe esta e outras accións formativas dirixidas a gandeiros e agricultores.
Lugar de realización: INORDE- Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro Xinzo de Limia
Data: 21 de decembro de 2016
Programa do evento
9.00h Recepción de participantes.
9.15h Apertura.
9.30h Presentación avances do Proxecto Life Regenera Limia. Alberto de Anta Montero XEFE DE ÁREA DE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL, CALIDADE DA AUGA E VERTIDOS. COMISARÍA DE AUGAS. CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL
10.00h Medidas de CondicionalidadE Na PAC. Pago Verde. José Julián Bermello López XEFE DE SERVIZOO DO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA (FOGGA) EN OURENSE.
10.45h Fertilización Ecolóxica. Xisela Fernández. ASESORA DE EXPLOTACIÓNS ECOLÓXICAS. EXPERTA EN AGRICULTURA ECOLÓXICA.
11.30h pausa – café
12.00h Boas prácticas agrícolas en mecanización dos cultivos. Redución da pegada de carbono. Agricultura de conservación. Jesús Expido Cardenas. DR. ING. AGRÓNOMO. PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC).
12.45h Racionalización da fertilización dos cultivos. Sistema Integrado de xestión de fertilizantes. Servando Álvarez Pousa. DIRECTOR TÉCNICO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO AGROGANDEIRO – INORDE.
13.30h Debate.
14.00h Peche de Xornada.