14 Out Xornada técnica de proxectos LIFE: Auga, residuos e economía circular
Eurecat-CTM organiza o próximo 8 de novembro a “Xornada técnica de proxectos LIFE: auga, residuos e economía circular”, co obxectivo de dar a coñecer os avances e resultados alcanzados nos diferentes proxectos que se presentan así como ofrecer a oportunidade de establecer contactos e compartir experiencias en relación ás temáticas abordadas.
A xornada vai dirixida principalmente a empresas, centros de investigación e organismos públicos e contará coa presenza de representantes da Comisión Europea así como cos socios dos 12 proxectos presentes na xornada, de feito contará coa participación do Life Rexenera Limia.
A Xornada inclúe tamén a visita ás plantas piloto desenvolvidas no marco dos proxectos LIFE RELEACH (planta piloto de tratamento de lixiviatos), LIFE ECORKWASTE (planta piloto de gasificación) e LIFE InSiTrate (planta piloto de tratamento in-situ de nitratos de augas subterráneas).
Data: 8 de novembro 2016
Lugar: Eurecat-CTM, Plaça da Ciència, 2, 08242 Manresa, Barcelona