Sistema de xestión de fertilizantes

Acción B1

Sistema de control integrado de xestión de fertilizantes e cuitos en solos agrarios (SCIGFASA)

SOCIOS RESPONSABLES DA ACCIÓN
ACTIVIDADES

O sistema de control integrado de xestión de fertilizantes e cuitos en solos agrarios (SCIGFASA) pretende advertir e informar o agricultor ou persoa propietaria do pasto sobre o nivel de saturación de nutrientes orgánicos nos solos agrarios de acordo coas súas características edafolóxicas, tipo de parcela, situación e tipo de usos para, desta maneira, optimizar a fertilización segundo os requirimentos necesarios.

Trátase dun instrumento para dosificar e previr o abuso na fertilización das terras, tanto con produtos orgánicos como químicos. Xunto ao efecto de reducir a carga de fertilización e de lixiviados ás masas de auga, contribúe a diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e a pegada de carbono da actividade agraria na comarca.

Esta ferramenta ofrecerase como servizo gratuíto ampliable ao resto de agricultores da comarca.

Proceso:

  • Ordenarase toda a información agraria previa da que se dispoña para a súa integración no sistema así como para establecer os modelos necesarios para alimentalo.
  • Estandarizaranse os datos e crearase un sistema de xeorreferenciación de analíticas, unha nova ferramenta de procesamento de datos e un modelo de mapa de datos analíticos.
  • Elaborarase un mapa de solos e capacidades de retención e asimilación en función do tipo de cultivos, que servirá de base ao sistema.
  • Estableceranse os sistemas de alertas individualizadas para o agricultor, vía sms e correo electrónico, sobre tipo de fertilización.

Como apoio a este sistema realizarase unha guía de boas prácticas agrícolas para difusión entre agricultores e gandeiros, que terá unha actualización periódica para incluír novas tecnoloxías e modificacións lexislativas.

Como acción piloto, froito do acordo con agricultores, nos terreos que se recollen os rendementos e a evolución das colleitas, e se correlacionan coas recomendacións previas de fertilización do SCIGFASA, porase en marcha o seguimento de dez parcelas agrarias.

resultados

Sistema de control integrado de xestión de fertilizantes e cuitos en solos agrarios

MAPA DE PH E MATERIA ORGÁNICA DE SOLOS

Guía de boas prácticas agrícolas 

Parcelas piloto 

  • A información relativa aos pastos e ás praderías permite visualizar unha evolución clara dos indicadores. No caso de terreos de cultivos de rotación cómpre agardar á finalización dun ciclo completo para ter resultados concluíntes.
  • Comprobouse que nas parcelas piloto se conseguiu unha redución importante, tanto nos fertilizantes químicos como orgánicos, de maneira que a diminución se sitúa arredor do 30 % nas leiras que non teñen cultivo de rotación.
  • Nas parcelas con cultivos produtivos, como pataca ou cereal, onde se utiliza esterco procedente das aves, este reduciuse practicamente á metade.
  • Con respecto ao fertilizante mineral, non se pode proporcionar información baseada en datos fiables ata que se termine o ciclo de rotación e se volva aos cultivos iniciais.
  • Resulta de especial interese que ademais das dez parcelas seleccionadas para levar a cabo a experiencia piloto, o sistema conta xa cuns 448 usuarios, propietarios dun total de 2438 fincas que cobren unha superficie dunhas 6000 ha, a maior parte destinadas ao cultivo da pataca. Estas supoñen arredor do 80 % das leiras destinadas a este cultivo.
  • Os resultados obtidos ata a data deste sistema de control integrado sinálanse a continuación:
  • A información relativa aos pastos e as praderías permiten visualizar unha evolución clara dos indicadores, pero as leiras de cultivos de rotación non.
  • Nas parcelas piloto conseguiuse unha redución importante, tanto na achega de fertilizantes químicos como orgánicos, de maneira que a redución está en torno ao 30% nas leiras que non teñen cultivo de rotación.
  • Nas parcelas con cultivos produtivos como pataca ou cereal, onde se utiliza abono procedente das avícolas, este reduciuse practicamente á metade.
  • Con respecto ao abono mineral non se pode achegar información baseada en datos fiables ata que se termine o ciclo de rotación e vólvase aos cultivos iniciais
  • Unha vez finalizado o proxecto (30 de xuño 2019) establecerase a evolución correspondente a cada unha das leiras piloto, avaliando o grao de eficacia da acción.