08 Feb O PROXECTO LIFE REGENERA LIMIA INFORMA DA SÚA EVOLUCIÓN NUNHA NOVA REUNIÓN DO GPI
O pasado luns 6 de febreiro, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil organizaba unha nova reunión do Grupo Local de Partes Interesadas do LIFE Regenera Limia, có obxetivo de informar da evolución das actuacións do proxecto e presentar as novas propostas a desenvolver.
O encontro tivo lugar nas instalacións da Casa da Cultura de Sandiás en torno ás 19.30 horas.
Ó largo da xornada transférese ós asistentes o estado actual do proxecto, destacando que o Sistema de Control Integrado de Fertilizantes atópase xa en funcionamiento e informouse da finalización das obras de recuperación e rehabilitación de cauces fluviais modificados para a mellora da capacidade de retención e asimilación de nutrientes en As Veigas de Ponteliñares así como da finalización das obras de recuperación e integración no ciclo hidrolóxico das charcas de areneras; en ambos casos xa entrou auga como consecuencia da crecida provocada polo temporal da pasada fin de semana. Asimesmo presentouse o proxecto técnico para a posta en marcha do sistema de laguna artificial como prototipo de tratamento de augas residuais procedentes de puríns de porcino a través de humedais artificiais intensivos de macrófitos, cuxas autorizacións atópanse actualmente en fase de tramitación
O evento clausurou cun foro-debate moderado por D. Alberto de Anta Montero da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.