Life Regenera Limia presente en #CONAMA2018

Life Regenera Limia presente en #CONAMA2018

Entre os días 26 e 29 de novembro terá lugar o Congreso Nacional de Medio Ambiente (CONAMA 2018) en Madrid. Os socios do proxecto Life Rexenera Limia, estaremos presentes nesta 14ª edición, para dar a coñecer a experiencia que se está desenvolvendo co proxecto mediante a celebración de diferentes actividades. Por iso, animámosvos a asistir á presentación do devandito proxecto (27 de novembro ás 12.00 h) e que poidades coñecer de primeira man os resultados obtidos ata o momento.
En caso de querer asistir, deberedes comunicarnos os datos da persoa asistente o máis axiña posible a esta dirección de correo, para que a organización do Congreso remítalle a invitación que dá acceso á exposición oral, ás casetas dos participantes e á zona expositiva de posters de Congreso.

Por último, compartimos as seguintes ligazóns: a do programa do congreso (http://www.conama2018.conama.org/web/es/conama-conecta.html) así como a do resumo do mesmo (http://www.conama2018.org/download/bancorecursos/C2018/FolletoLocalOK.pdf)

No Comments

Post A Comment