O Proxecto Life Rexenera Limia visitou as actuacións en humidais do Proxecto Life Albufera

O Proxecto Life Rexenera Limia visitou as actuacións en humidais do Proxecto Life Albufera

A principios de mes o equipo do Proxecto Life Rexenera Limia visitou un dos proxectos referencia na actuación de humidais artificiais Proxecto Life Albufera. Foi unha visita moi frutífera na que xunto a parte dos socios do proxecto (Confederación Hidrográfica do Júcar, Asociación Ecoloxista Agro, Sé Birdlife, AcuadMed, Universidade Politécnica de Valencia) percorréronse dous dos humidais obxectivo do proxecto: Tantat da Pipa e Tantat de Milia, e visitouse o centro de interpretación situado no primeiro humidal.

Sen dúbida, é un claro exemplo de boa xestión de humidais artificiais. Os resultados do seguimento da evolución dos indicadores biolóxicos e de redución de nutrientes, aválano. E por iso o Proxecto Life Albufera foi recoñecido pola Comisión Europea como un dos mellores proxectos LIFE finalizados nos anos 2016-2017.

Noso Parabén!