06 Set O INORDE ORGANIZA NO SEU CENTRO AGROGANDEIRO EN XINZO DA LIMIA UNHA XORNADA DE CAMPO DENTRO DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO REGENERA LIMIA
O INORDE ven de organizar no seu Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia a “ Xornada do Campo” dentro do Proxecto Life Regenera Limia.
O obxectivo destas xornadas céntrase por un lado en dar a coñercer os avances que neste proxecto se teñen realizado, máis concretamente facendo fincapé nos traballos que desenvolve o INORDE.
Así se diu conta da posta en marcha xa operativa do sistema integrado de control de fertilizantes e abonos, así como do funcionamento da Aplicación xeoreferenciada vía web.
Dentro de outro orde de cousas, as Xornadas de Campo serviron para dar de coñecer ao sector os traballos que o INORDE realiza a nivel de experimentación e investigación agrícola. Así nas cerca de seis Has. destinadas a ensaios de cultivo de patata sitas na finca Antela, amosóuselle aos agricultores experiencias relacionadas co uso e emprego de abonos comerciais, manexo do nitróxeno como factor de crecemento en variedades destinadas a frito industrial tales como Agria, Fontane, Babylo, Rock, Lady amarilla, ….
Outro importante bloque de ensaios está centrado no manexo da variedade máis representativa de Galicia tal e como é a Kennebec; nestes ensaios avalíase a resposta de cultivar a diversos xeitos de cultivo alternando abonados orgánicos con minerais ou novas filosofías de traballos tales como o emprego de microrrizas.
De tódolas maneiras a experiencia que máis interés despertou nos participantes foi o ensaio de variedades comerciais de pataca; nel recólleronse máis de oitenta cultivares de nova introducción no mercado, entre elas novas variedades para a industria do frito, variedades de carne branco para o consumo en fresco, variedades con vocación de lavado ou variedades de pel e carne morada ou violeta de nova introducción nos mercados.
Estos ensaios complementáronse cun reservorio nos que se conservan as tres variedades autóctonas galegas máis coñecidas: fina de carballo, cazona e ganade.
Cun asistencia de preto de 100 agricultores da Comarca ademáis de técnicos das casas comerciales de fitosanitarios, de abonos e produtores de pataca de semente o INORDE consolida a parte práctica das Xornadas xa realizadas previamente: Xornada da Auga e Xornada de Abonos e Fertilizantes.
Con esta acción de sensibilización, xunto coa de Optimización do uso de abonos e fertilizates, complementada ésta coa Aplicación informática e a Monitorización de resultados, o INORDE ten executado máis do 80% dos seus compromisos e actividades no proxecto.
As actuacións do INORDE no Proxecto Life Regenera Limia son as seguintes:
- Creación do sistema integrado de control de fertilizantes e abonos en solos agrarios, o que implicou unha importante labor de recollida de información baseada nos traballos anteriores que o INORDE leva anos a realizar na Limia e que posibilitou o inicio da constitución dun mapa de solos da Limia.
- Posta en marcha dunha aplicación informática a disposición dos interesados, vía internet, que proporciona información veraz e actualizada do estado nutricional das súas fincas; ademáis esta aplicación permitirá o envío de avisos e recomendacións por parte do INORDE ós agricultores interesados, todo co obxetivo de optimizar o emprego de abonos e fertilizantes.
- Ensaios de campo sobre fertilización nitroxenada e fosfatada nas fincas propias.
- 10 agricultores implicados para a cesión ó proxecto das súas fincas, cos que se mantén contacto continuo e personalizado.
- 10 fincas piloto nas que por a punto e testar as acción arriba indicadas.
- 100 analíticas das fincas piloto, que se realizaron mensualmente.
- 160 reunións de información das Accións do proxecto e de asesoramento a agricultores.
- 80 axentes formados e informados na Xornada da Auga realizada no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro.